Un Celta B desatado: cuarta vitoria consecutiva e a un punto do playoff (0-1)

Xenial xeira de resultados do Celta B. Os de Rubén Albés levaron o derbi vigués ante o Coruxo cun gol temperán de Juan Hernández, no minuto 8. O partido estivo condicionado polo estado do terreo de xogo de O Vao, encharcado pola incesante choiva dos últimos días. Foi un choque atractivo no que os celestes demostraron seriedade e compromiso ante un Coruxo que non o puxo fácil. Con esta cuarta vitoria consecutiva (e cuarto partido sen encaixar) o Celta B empolícase á sexta posición da táboa, a tan só un punto dos postos de promoción.

FICHA TÉCNICA

0-CORUXO: Domínguez, Rafa Mella, Pablo García (Bazo, min.83), Pablo Crespo, Beltrán, Yebra, Higón, Antón, Pitu (Mario, min.46), Arias (Silva, min.68), Mateo.

1- CELTA B: Sotres, Kevin, Ros, Costa, Rai, Alende, Juan Hernández, Álex (Tiá, min.76), Dennis (Pol, min.84), Molina, Agus.

Goles: Juan Hernández (0-1, min.8).

Árbitro: Montes García, do comité madrileño. Amonestou a Rafa Mella (Coruxo); Sotres e Ros (Celta B).

Campo: O Vao.