Un Celta B sen límites golea en casa do Boiro

celtabracings1617.JPG

 

O Celta B segue imparable. Os de Menéndez sumaron este domingo ante o CD Boiro a décima vitoria da tempada e seguen en postos de promoción de ascenso con 5 puntos de colchón. O filial celeste asinou un recital no Municipal de Barraña cun Borja Iglesias ofrecendo a súa mellor versión. O santiagués abriu a lata dos goles ao trece minutos de xogo e, ao bordo do descanso, Hicham aumentou a vantaxe viguesa.

 

Na segunda parte Juan Hernández anotou o terceiro e Iglesias sentenciou coa súa segunda diana da tarde. Romay recortou distancias a vinte minutos para o final, pero a vantaxe e superioridade do Celta foron incontestables. Os canteiráns chegan á próxima xornada na terceira posición da táboa con 33 puntos, dispostos a sumar un novo triunfo ante o Arandina CF.

 

FICHA TÉCNICA

1-BOIRO: Guillén, Axel, Yago (Seoane, min.68), Yebra, Sergio González, Mateo, Marcos (Cano, min.63), Gonzalo (Beda, min.46), Rivera, Manu, Romay.

 

4-CELTA B: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fdez, Gus Ledes, Juan Mera (Agus, min.61), Juan Hdez (Castellano, min.83), Hicham (Adri, min.77), Iglesias.

 

Goles: Iglesias, 0-1, min.13; Hicham, 0-2, min.31; Juan Hernández, 0-3, min.46; Iglesias, 0-4, min.64; Romay, 1-4, min.68.

 

Árbitro: Vicente Moral, do comité castelán leonés. Amonestou a Axel, Beda, Mateo e Rivera (Boiro); Juan Mera e Roger (Celta).

 

Campo: Municipal de Barraña.

Leave a Reply

eleven − 6 =