Un Celta dominador non logra superar a muralla amarela do Villarreal (0-1)






O Celta caeu derrotado ante un Villarreal que, tras adiantarse no marcador, fortificouse exhibindo unha solidez defensiva sobresaliente. Os celestes, donos do balón, buscaron o empate ata o final. O pau en dúas ocasións e un bo Asenjo na portaría amarela impedírono.

O partido ante o Villarreal, intenso ata o asubío final, alternou fases de igualdade entre ambos os conxuntos con outras de claro dominio celeste. Os visitantes lograron adiantarse a dez minutos para o descanso nun desaxuste defensivo que aproveitou Fornals para cabecear a gol na área, libre de marca.

Tras a continuación o Celta foi de menos a máis, facéndose coa posesión do balón e ofrecendo un bo xogo de combinación ante un Villarreal paciente e sólido en defensa. A entrada de Emre Mor refrescou o ataque dos de Unzué. Das súas botas chegaron as mellores ocasións, a máis clara un remate que se coou entre as pernas de Asenjo e que deu contra a madeira. Tentouno o cadro olívico ata o último suspiro… e tivo o empate ao seu alcance. Co tempo engadido xa cumprido, Sergi Gómez rematou de primeiras un balón na área que se marchou moi alto. Toca pensar xa no derbi galego da próxima xornada.

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA: Rubén, Wass, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Pablo Hdez., Jozabed (Radoja, min.73), Sisto (Guidetti, min.73), Brais Méndez (Emre Mor, min.45), Maxi Gómez.

1-VILLARREAL: Asenjo, Mario (Bacca, min.86), Álvaro, Víctor Ruiz, Costa, Rodrigo, Castillejo (Cheryshev, min.68), Trigueros, Fornals, Soriano (Ramiro, min.77), Bacca.

Goles: Fornals (0-1, min.34).

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Fornals, Costa, Trigueros (Villarreal); Jonny (Celta).

Campo: Balaídos.