Primeiro Equipo

Un Celta histórico clasifícase a semis da Europa League

RC Celta

genkcelta1-1617.jpg

 

O Celta rompeu o seu teito histórico en competición europea ao eliminar ao Genk e clasificarse ás semifinais da UEFA Europa League. Os de Berizzo acudían ao Luminus Area cun marcador a favor de 3 a 2 e pecharon a eliminatoria empatando a uns.

 

Sisto foi o autor do gol céltico, no segundo tempo, unha poutada desde fóra da área belga que se coou ao fondo da rede. Pouco despois do gol celeste o Genk empatou por medio de Trossard. O Celta dominou o primeiro tempo ao seu antollo e na segunda parte ata o tanto local, que fixo aos vigueses replegarse e aguantar o resultado.

 

O marcador permaneceu igualado, suficiente para outorgar ao RC Celta unha histórica clasificación a semifinais do torneo continental. O club galego coñecerá este venres ao seu próximo rival, ante o que seguirá competindo e soñando.

 

FICHA TÉCNICA

1 (3)-GENK: Ryan, Brabec (Dewaest, min.81), Colley, Trossard, Malinovskyi (Boëtius, min.72), Buffel (Schrijvers, min.72), Uronen, Pozuelo, Berge, Castagne, Samatta.

 

1 (4)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Wass (Jozabed, min.80), Iago Aspas, Sisto, Guidetti (Beauvue, min.42; Roncaglia, min.90).

 

Goles: Sisto, 0-1, min.63; Trossard, 1-1, min.67.

 

Árbitro: William Collum, de Escocia. Amonestou a Dewaest (Genk); Pablo Hdez., Jozabed, Hugo Mallo (Celta).

 

Campo: Luminus Arena.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas