Primeiro Equipo

Un Celta sólido e valente cae en Sevilla tras quedarse en inferioridade

RC Celta

Fonti.jpg

 

Bo partido do Celta en Sevilla, cun gran arranque e unha primeira metade de gran intensidade. No inicio da segunda, gol local, empate de Iago Aspas e inmediata expulsión do Tucu Hernández que marcou o choque. Os locais lograron o tanto da vitoria no tramo final ante un Celta ambicioso, valente e rocoso.

 

Gran posta en escena do Celta no Sánchez Pizjuán, cun xogo veloz, moita ambición e boas oportunidades desde o primeiro instante. O bo xogo celeste non tivo reflexo no marcador e aos 21 minutos a punto estivo de chegar un duro castigo cun cabezazo de Iborra á madeira tras un centro desde a esquerda. A xogada activou ao cadro local, que mellorou as súas prestacións e igualou o choque.

 

Foi unha primeira metade disputada, cunha presión feroz por parte de ambos equipos e unha enorme intensidade. Nos últimos minutos da primeira metade, o colegiado non sinalou unha man moi clara no área local tras un remate de Sisto.

 

Trala reanudación, no segundo minuto, o Sevilla adiantouse tras un balón aéreo prolongado que aproveitou Correa. E uns minutos despois, penalti sobre Guidetti que anotou Iago Aspas. Volvía a igualdade aos sete minutos da segunda metade. No resultado, porque uns instantes despois, Tucu Hernández viu a segunda amarela e o Celta quedouse en inferioridad.

 

Os celestes reordenáronse e defenderon con solvencia nos minutos seguintes, aínda que lóxicamente o cadro local, cunha gran necesidade de puntos, capitalizou a posesión. O Sevilla rematou en dúas ocasións á madeira, unha delas tras unha parada espectacular de Sergio.

 

Pasada a media hora de xogo, gran xogada do cadro vigués e remate de Wass desde a frontal que saíu moi preto do pau dereito de Sergio Rico. E xusto despois, Ben Yedder acertou cun remate na área. O Celta acabou envorcado en ataque en busca dun empate que nom chegou.

2-Sevilla CF: Sergio Rico, Mariano, Lenglet, Pareja, Escudero, Nzonzi, Iborra, Ganso (Kranevitter, min.87), Sarabia (Nasri, min.63), Correa e Jovetic (Ben Yedder, min.75).

 

1-RC Celta: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Radoja, Wass (Bongonda, min.81), Pablo Hernández, Sisto (Beauvue, min.85), Guidetti (Roncaglia, min.66) e Aspas.

 

Goles: 0-1, min.47: Correa; 1-1, min.53: Iago Aspas, de penalti; 2-1, min.79: Ben Yedder

 

Árbitro: Gil Manzano, ol comité extremeño. Expulsou con dobre amarela a Pablo Hernández (min. 56) e amonestou a Hugo Mallo, Cabral, Sarabia

 

Campo: Sánchez Pizjuán

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas