Un gol de Thaylor da outra vitoria ao Celta B nesta pretempada

escudo_grande.jpg

O filial superou ao CD Choco pola mínima nun amigable disputado onte en Redondela

 

Un tanto de Thaylor levou ao filial a colleitar outra vitoria nesta pretempada, na que todavía non coñece a derrota. O Celta B superou onte pola mínima ao CD Choco nun partido disputado en Redondela e que estivo dominado polos celestes.

 

Os canteiráns afrontan este sábado o que, a priori, é o último encontro preparatorio antes do inicio da competición ligueira. Os celestes desprazaranse ata Cedeira para xogar ante o Racing de Ferrol ás 18h no Campo O Beco, con motivo do Memorial Miguel López Pérez.

 

16/08/14 – Racing de Ferrol-Celta B (18h) | Campo O Beco (Cedeira)

Leave a Reply

14 − four =