Hemeroteca canteira

Un gol en propia porta condena ao Celta B

RC Celta

bergantiños_-_celta.jpg

p>

Os vigueses non puideron superar a un Bergantiños que xogou o segundo tempo cun home menos

 

Primeira parte moi aberta, con alternativas e ocasións de gol para ambos os equipos. Os de Pichi Lucas, moi incisivos en ataque desde o asubío inicial, avisaban cando tan só transcorreran dous minutos de xogo. Xogada polo dereita do filial céltico que finalizou cun bo centro a David Añón. O dianteiro recibiu dentro da área, regateou ao seu marcador e disparou a porta, pero un defensor do Bergantiños desviou coas súas costas a traxectoria da pelota evitando o gol celeste.

 

O tanto vigués non tardaría en chegar. No minuto 15 córner a favor do Celta B que Víctor Vázquez non puido rematar ao ser derrubado dentro da área. Penalti claro que o propio Víctor encargouse de executar acertadamente. O conxunto olívico púñase por diante, pero enfronte tiña un Bergantiños disposto a remontar o marcador, tal e como demostrou cinco minutos despois. Boa xogada individual de Amor, que tras regatear a tres xogadores celestes asistiu a Geri. O dianteiro do Bergantiños non llo pensou dúas veces e empalmó un gran disparo desde fóra da área, anotando o 1-1.

 

Os dous equipos mantiñan un bo nivel e opcións para marcar o segundo, pero a fortuna poríase en contra do Celta B. No minuto 30 Geri saca unha falta lateral que impacta no céltico Borja. O xogador vigués desviou involuntariamente a traxectoria do esférico e Óscar Santiago, titular baixo paus no día de hoxe, nada puido facer para evitar o 2-1.

 

Os vigueses mantíñanse moi dentro do partido e dispuxeron de oportunidades para empatar antes do descanso. No 37 Añón recibiu o balón a pase de Félix e, tras regatear a Varela, disparou entre o tres paus. De novo un defensor do Bergantiños evitou o gol ?in extremis? ao despexar o balón sobre a liña de gol.

 

No minuto 42 os locais recibían un xerro de auga fría. O Bergantiños quedaba cun home menos coa expulsión de Figueiras, amoestado con segundo cartón amarelo por unha entrada por detrás a Rubén Martínez. Ao Celta B brindábaselle unha boa oportunidade para dar a volta no marcador na segunda parte, pero o equipo coruñés tirou de épica e resistiu até o final do partido. Os de Pichi Lucas puideron empatar, pero o Bergantiños xogou no segundo tempo un partido moi serio e completo en defensa, apenas resentíndose pola expulsión de Figueiras.

 

FICHA TÉCNICA

2-BERGANTIÑOS: Dani Varela, Tomás, Diego Pena, Sergio, Aarón, Figueiras, Toni, Geri, David García, Iván Amor e Alexandre

 

1-CELTA B: Óscar, Jonny, Víctor Vázquez, David Castro (Fidi, min.58), Maceira, Borja (Thaylor, min.70), Antón, Félix, Marcos Torres (Juanma Torres, min.60), Rubén Martínez e Añón

 

Goles: Víctor Vázquez, min.15, 0-1; Geri, min.20, 1-1; Borja (p.p.), min.30, 2-1

 

Árbitro: Bilbao Biscaíño. Amoestou a Maceira, David Castro e Marcos Torres. Expulsou a Figueiras, do Bergantiños, con dous cartóns amarelos (min.42)

 

Campo: As Eiroas

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas