Hemeroteca canteira

Un gol no último suspiro aviva as opcións do Celta Xuvenil na Copa do Rei

RC Celta

 juvenilweb05.jpg

Os celestes caeron ante a Real Sociedad (2-1) na ida dos cuartos de final e buscarán remontar en Vigo 

 

O Celta Xuvenil afrontará o próximo fin de semana un apaixonante parrido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei trala súa derrota desta mañá en Zubieta ante a Real Sociedad por dous goles a un. Os celestes anotaron o tanto que aviva as súas posibilidades de clasificación no último minuto de xogo por mediación de Álex, quen apenas levaba un par de minutos no terreo de xogo.

 

O partido chegou ao descanso sen goles e a Real Sociedad adiantouse cando aínda non se cumpriran cinco minutos da segunda parte. Os celestes deron un paso adiante en busca do empate, pero malia o seu dominio topáronse cun novo gol en contra á saída dun saque de esquina. O empuxe e a ambición do Celta tiveron premio no último suspiro, cun gol que deixa a eliminatoria totalmente aberta.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-Real Sociedad: Aristegui, Egiluz, Cayetano, Guevara (Sanz, min. 76), Torre, Pecharroman, Calvillo (Muñoz, min. 63), Zubeldia, Oyarzabal, Sáenz (El Haddadi, min. 65) e Zouridine (Arrue, min. 81).

 

1-R.C. Celta: Iván, Sergio, Jorge (Pancho, min. 85), Bugallo (Álex, min. 88), Diego, Peña, Hugo (Adrián Iglesias, min 75), Brais (Rocha, min. 71), Adrián Rodríguez, Yelko e Julio.

 

Goles: 1-0, min.48: Oyarzabal; 2-0, min.64): Zouridine; 2-1, min.90: Álex

 

Árbitro: Rezola. Amonestou a Cayetano, Sergio e Peña.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas