Un milleiro de celtistas xa teñen as novas camisetas oficiais

Camisetas.jpg

A afección celeste recibiu con especial entusiasmo os novos uniformes do RC Celta para a tempada 2017/18. Á venda ao público desde o pasado venres, a tenda oficial do club despachou case mil elásticas en total entre as do primeiro e o segundo uniforme.

 

Dese milleiro, a maioría foron adquiridas dentro da promoción especial da Campaña de Abonados que, ata este martes 4 de xullo, ofrece a posibilidade de comprar a camiseta do primeiro equipamento a un prezo rebaixado de 67€ ao renovar o carné ou darse de alta, coa posibilidade engadida de integrar o custo da peza no financiamento do abono.

 

A tenda oficial do RC Celta en Balaídos permanece aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Os novos equipamentos oficiais estarán proximamente dispoñibles na web www.tiendacelta.com

Leave a Reply

sixteen − 13 =