maxi_gomez_gol_celta_alaves_liga_2017_2018.jpg
Primeiro Equipo

Un novo gol de Maxi da a primeira vitoria ao Celta

RC Celta

maxi_gomez_gol_celta_alaves_liga_2017_2018.jpg

Á terceira xornada chegaron os puntos. O Celta dominou o partido ante o Alavés e fíxose co seu primeiro triunfo da tempada. Os vascos gozaron de varias ocasións inmellorables, pero os vigueses foron os que levaron o peso do encontro de principio a fin. Maxi Gómez, nunha nova demostración do seu olfacto goleador, anotou o tanto celeste… e xa leva catro.

 

No primeiro tempo Sergio Álvarez resultou providencial para desgraza de Bojan. O dianteiro do Alavés tivo nas súas botas dous goles claros que o de Catoira encargouse de abortar. Un penalti non sinalado a Aspas ao comezo da segunda parte puxo a nota polémica a un choque no que o Celta sufriu máis do necesario. O marcador non se moveu e o solitario tanto de Maxi foi suficiente para facerse co tres puntos. Lobotka estreouse como titular e Emre Mor debutou coa camiseta celeste nos minutos finais.

 

Os de Unzué viaxarán na cuarta xornada a Barcelona para medirse ao RCD Espanyol no Cornellà-O Prat.

 

FICHA TÉCNICA

1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Fontàs (Sergi Gómez, min.74), Cabral, Jony, Lobotka, Wass, Jozabed (Tucu, min.81), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.87), Maxi Gómez.

 

0-ALAVÉS: Pacheco, Vigaray, Alexis, Ely, Pedraza, Dani Torres, Pina, Romero, Burgui (Ibai, min.71), Enzo (Munir, min.58) y Bojan (Sobrino, min.78).

 

Goles: Maxi Gómez (1-0, min.33).

 

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Jonny, Iago Aspas, Jozabed, Maxi Gómez (Celta); Vigaray, Dani Torres, Alexis, Ibai Gómez (Alavés).

 

Campo: Balaídos (17.384 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas