Un penalti no tramo final tumba ao Celta en Málaga (2-1)

Un penalti nos últimos minutos, nunha xogada illada, decantou o partido para o Málaga, xusto cando o Celta buscaba a remontada con decisión e ofrecía as súas mellores prestacións do partido. Os andaluces adiantáronse no desconto da primeira metade e Aspas empatado a falta dun cuarto de hora.

O Celta apagou con solvencia o fogoso arranque do Málaga, realmente necesitado de puntos, e foi asentándose aos poucos no partido, alargando as posesións e chegando con perigo, Iago Aspas cabeceou alto un bo centro de Hugo Mallo nunha gran ocasión que chegou no tramo final da primeira metade. E no desconto, tras un rebote, o Málaga marcou para deixar xeados aos celestes. Adrián anotou de cabeza sobre a liña de gol.

Tralo descanso, o Celta adiantou a presión e buscou o empate con decisión. O abafador dominio celeste, o seu aluvión de chegadas, deron froito a falta de 15 minutos para o final. Bo centro de Sisto desde a esquerda e cabezazo de Iago Aspas á rede.

Pouco despois, xogada illada e penalti a favor do Málaga por man no área. Recio anotou e volveu adiantar aos locais a falta de sete minutos. Os célticos fóronse arriba con todo ante un rival completamente replegado. Maxi tivo o empate, salvado de xeito milagroso, e o equipo vigués non puido sumar na Rosaleda.

 

2-Málaga CF: Roberto; Rosales, Baysse, Luis Hernández, Juankar, Adrián, Recio; Keko (Ontiveros, min.80), Juanpi (Youssef, min.74), ‘Chory’ Castro (Rolón, min.92) e Peñaranda.

1-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo (Gudetti, min.84), Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka (Jozabed, min.80) Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.45+: Adrián; 1-1, min.76: Iago Aspas; 2-1, min.83: recio, de penalti.

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Hugo Mallo, Cabral, Iago Aspas, Luis Hernández.

Campo: La Rosaleda.