Un penalti no último minuto da a vitoria ao Compostela ante o Celta B

Compos_Celta.jpg

O filial mereceu alomenos o empate, pero no tempo engadido un penalti condenou aos celestes (2-1)

 

Compostela e Celta B disputaron un partido complicado en San Lázaro que finalizou con vitoria compostelanista no tempo de desconto cun penalti de Joselu.

O inicio do partido estivo marcado pola pisada dos locais, quen foron os primeiros en achegarse perigosamente á área. Con todo, a lesión de Jorge Rodríguez e a súa saída do campo aos poucos minutos do arranque, fixo madeixa no conxunto santiagués que recibiu un gol temperán do Celta B tras unha xogada dentro da área.

O Compos non tardou en recuperarse e meterse de cheo no partido. Unha xogada ensaiada nun saque de falta de Gonzalo desencadeou no tanto do empate nas botas de Joselu. Co 1 a 1 no marcador, o encontro volveuse nunha toma e daca entre ambos os conxuntos. O Compos levou a posesión e chegou a bloquear o xogo celtista. As ocasións máis claras estiveron ao lado dos locais. Joselu, Yahvé e Jordan chegaron en varias ocasións á área e realizaron disparos errados.

No segundo tempo, a Esedé pasou a dominar o xogo pero sen xerar oportunidades de gol. A expulsión de Maceira no minuto 78 supuxo un pau para o Celta B que afrontou o final do encontro con dez xogadores no campo.

No último tramo do choque, o colexiado adquiriu todo o protagonismo ao mostrar un total de cinco cartóns amarelos ao conxunto visitante. A última, sinalada a Goldar no 92′ por unha falta cometida sobre Nacho dentro da área, derivou en penalti, o cal foi executado por Joselu con eficacia.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

2-SD Compostela: Adrián; Borja; Jimmy; Castiñeiras; Jorge Rodríguez (Jordan, min. 11); Gonzalo; Jesús; Manu Rodríguez; Joselu; Peláez (Jacobo, min. 54); Yahvé (Nacho, min. 67)

 

1-Celta B: Óscar; Soto; Maceira; Antón; Goldar; Borja Domínguez; Fernán (Marcos, min. 59); Borja Fernández; Borja Iglesias (Thaylor, min. 73); Yelko (Pablo Pérez, min. 80); Añón

 

Goles:
0-1. Borja Domínguez (min. 8). Recibe centro desde a banda dereita e remata a gol dentro da área.
1-1. Joselu (min. 16). Saque de falta de Gonzalo que recolle Joselu
2-1. Joselu (min. 93). Tanto de penalti

 

Tarjetas
SD Compostela
Amarela a Jordan (min. 36); Gonzalo (min. 38) e Borja (min. 62)

Celta B
Amarela a Soto (min. 18); Borja Domínguez (min. 78); Óscar (min. 78); Añón (min. 92); Goldar (min. 92)
Vermella a Maceira por dobre amonestación (min. 23 y min. 78)

 

Campo
Estadio municipal de San Lázaro. Partido arbitrado por Vicente Moral. Aproximadamente 1.200 persoas.

 

Crónica e foto de www.sdcompostela.com

Leave a Reply

nineteen + ten =