Un valente RC Celta paga a efectividade do Atlético de Madrid (2-0)

O RC Celta caeu ante o Atlético de Madrid (2-0) nun choque no que os de Fran Escribá dispuxeron de ocasións moi claras para adiantarse no marcador. A maior pegada do cadro branquivermello decantou o resultado ao seu favor.

Nos primeiros compases do partido o RC Celta espero arroupado no seu campo para saír á contra. Así chegaron as dúas ocasións máis claras dos primeiros 40 minutos. Boudebouz e Boufal atopáronse con dúas grandes paradas de Jan Oblak antes de que Griezmann adiantase aos madrileños cun gran lanzamento de falta.

Na segunda parte o equipo celeste levo o peso do partido, con boas accións individuais e colectivas. Con todo, foi Morata o que ampliou a vantaxe dos branquivermellos nun contragolpe. No tramo final o RC Celta tentou reducir a distancia no marcador sen fortuna.

FICHA TÉCNICA

2 – Atlético de Madrid: Oblak; Juanfran, Toni Moya, Montero, Filipe (Arias, min 71); Koke, Rodri, Saúl, Vitolo (Morata, min 62); Correa, Griezmann (Mollejo, min 90).

0 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Olaza; Okay Yokuslu (Beltrán, min 82), Lobotka, Boufal (Jensen, min 86),  Boudebouz, Emre Mor (Sisto, min 65), Maxi Gómez.

Goles: 1-0 Griezmann, min 42; 2-0 Morata, min 74;

Árbitro: Ricardo de Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amoestou a Juanfran, Griezmann (Atlético de Madrid) e a Boudebouz, Olaza (RC Celta)

Campo: Wanda Metropolitano