Un venres para recibir ao Alavés no ABANCA Balaídos

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 9 de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Deportivo Alavés no estadio ABANCA Balaídos. O encontro entre galegos e vascos foi programado para o venres 19 de outubro ás 21:00 e beIN Sports LaLiga retransmitirao en directo.