Hemeroteca celtismo

Unha ovación que define ao celtismo: grazas afección

RC Celta

equiposaluda110216

 

O Real Club Celta, cada un dos seus estamentos, dos seus integrantes, quere proclamar o enorme orgullo que sente por poder gozar dunha afección única, cuxo comportamento, entrega e entusiasmo,  alento e actitude supuxeron hoxe un aluvión de enerxía e esperanza  para un equipo que se ilusionou, creu e quixo porque a súa afección tamén o fixo.

 

O recibimento ao equipo foi espectacular, abafador. O apoio durante o partido envexable, pero a ovación ao equipo ao final, co doloroso empate e a dura eliminación, é o que define realmente ao celtismo.

 

O club quere unha vez máis expresar o seu máis sincero agradecemento á afección por esta xornada inesquecible que reforza aínda máis unha unión fundamental no pasado e conducente a un futuro esperanzador e ilusionante. Grazas afección!

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas