Hemeroteca canteira

Unha pena máxima condea a un Celta B valente

RC Celta

luisriojaceltab230416.jpg

 

Derrota inxusta en Barreiro. O Celta B mereceu moito máis, por xogo e ocasións, ante un Racing Club Ferrol que asinou a vitoria cun tanto convertido desde o punto de penalti. Boa imaxe do filial, sobre todo no primeiro tempo, que mantén intactas as súas opcións de permanencia.

 

O Celta B o partido con ímpeto, marcando un ritmo alto e facéndose enseguida coa posesión do balón. Os celestes plantáronse na área ferrolá, asinaron varias xogadas cargadas de calidade e tiveron un bo puñado de ocasións que non frutificaron. O descanso chegou sen que o Racing xerase excesivo perigo ao porteiro celeste Iván Villar.

 

Tras a continuación as forzas igualáronse e os intentos de ambos os equipos por marcar chegaban desde fóra da área. O cadro olívico recuerou sensacións co paso dos minutos e puxo en apretos ao oponente. No minuto 78 unha man na área viguesa foi sancionada con pena máxima que transformou Joselu. Excesivo premio para un Ferrol que non creara ningunha ocasión clara até entón. Os célticos puxeron todo o seu empeño en busca do empate até o minuto final, pero non foi posible puntuar a pesar de merecelo.

 

Os canteiráns enfróntanse a próxima xornada ao Coruxo en Ou Vao nunha nova final pola permanencia. A falta de tres partidos para finalizar o campionato, o Celta B é décimo cuarto con 41 puntos.

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Goldar, Riera, Samu, Borja Fernández (Jordan, min.81), Ledes, Adri Cuevas (Pedro Martín, min.60), Luis Rioja (Lucas, min.85), Fragapane, Borja Iglesias.

 

1-RC FERROL: Mackay, Iván González, Catalá, Víctor Vázquez, Nano (Golo, min.73), Jon Ander, Herber, Borja (Kike Márquez, min.68), Joselu, Pablo Rey, Peláez.

 

Goles: Joselu, min.78, 0-1 (de penalti).

 

Árbitro: Ortiz Arias, do comité madrileño. Amonestou a Goldar, Borja Fernández, Gus Ledes, Víctor Vázquez, Jon Ander.

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas