Unha pretempada marcada pola presenza de canteiráns

diego_pampin_ivan_villar_diego_alende_brais_mendez_celta_madroa.jpg

 

O RC Celta iniciou esta semana unha pretempada marcada polo elevado número de xogadores da canteira presentes. Aos xa habituais do primeiro equipo súmanse catro novos valores das categorías inferiores: Diego Pampín, Iván Villar, Brais Méndez e Diego Alende.

 

Os catro canteiráns celestes, xunto a Pepe Cheikh, forman parte da selección 2017 de Fútbol Draft de novos talentos, de entre 16 e 20 anos, que optan a conformar os Onces de Ouro, Prata e Bronce da canteira do futbol español.

 

Todos eles son ademais internacionais nas categorías inferiores da Selección Nacional de Fútbol.

Leave a Reply

9 + eight =