Unión Berlín – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinte e catro xogadores para os partidos que o RC Celta disputará en Alemaña ante a Unión Berlín.

A lista completa confórmana: Rubén, Iván Villar, Fran Vieites, Olaza, Juncà, Fontán Costas, Araujo, Aidoo, Jorge Sáenz, Kevin, Sergio Carreira, Jozabed, Lobotka, Dani Molina, Fran Beltrán, Denis Suárez, Brais Méndez, Pione Sisto, Bermejo, Iker Losada, Lautaro, Iago Aspas e Santi Mina.