V Invasión Celeste Fe Seguros, deporte e moito celtismo da man da Fundación Celta


A quinta edición da carreira popular da Fundación Celta ‘Invasión Celeste-La Fe Seguros’ celebrouse este sábado nun ambiente cheo de deporte e celtismo na que centenares de corredores de todas as idades gozaron dunha xornada especial no estadio vigués, que foi escenario dun fermoso acontecemento que reuniu a apaixonados do running e do Celta e no que volveu destacar a entrañable competición dos máis pequenos, os Chiquiceltas.

O atleta vigués do Celta de Atletismo, Gonzalo Basconcelo triunfou  na proba sénior seguido por Sergio Prieto, do Atletismo A Estrada e Manuel Marchena.

Na categoría feminina, a viguesa Ester Navarrete, do FC Barcelona, fíxose coa victoria seguida de Alice Finot e Ruth Carrera.