Valencia CF – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezanove futbolistas para a sexta xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta visita ao Valencia CF este mércores 26 de setembro ás 22:00 no estadio de Mestalla.

A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, Kevin, Cabral, Brais Méndez, Roncaglia, Júnior Alonso e Dennis Eckert.

Boufal é baixa por lesión. Non entran na listaxe Emre Mor, Radoja, Hjulsager, Mazán e Jozabed.