DIaZ-CbUwAAaYoz.jpg
Celtismo

Ven á presentación de Emre Mor, publica unha selfi e… lévate a súa camiseta!

RC Celta

 

Emre Mor, a última fichaxe do RC Celta para a tempada 2017/2018, preséntase ante os medios e a afección celeste este venres ás 20:00 horas en Balaídos. O evento presentará numerosas novidades, entre elas un concurso de selfis entre todos os celtistas que acudan ao estadio a dar a benvida ao internacional turco.

 

Os seguidores que publiquen en Twitter, Instagram ou Facebook unha fotografía na que aparezan na presentación de Emre Mor incluíndo o hashtag #amoraMOR na publicación, entrarán no sorteo da camiseta celeste autografiada polo futbolista. O club anima á afección a acudir a Balaídos para dar unha calorosa benvida a Mor e ser partícipes deste evento especial.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas