Vén á tenda oficial a coñecer a Sergi, Maxi e Hjulsager

Sergi Gómez, Maxi Gómez e Andrew Hjulsager, xogadores do RC Celta, estarán este martes 2 de xaneiro de 18:00 a 19:00 na tenda oficial do club no estadio de Balaídos. Os celestes asinarán autógrafos e atenderán a todos os afeccionados que se acheguen a coñecelos.