Novas canteira

Víctor Pastrana e Dennis Eckert, novas incorporacións do Celta B

RC Celta

victor_pastrana_dennis_eckert_celta_b.jpg

 

O Celta B suma ás súas filas a dous xogadores de gran experiencia, a pesar da súa mocidade, que reforzan a liña de ataque do filial. Víctor Pastrana, extremo esquerdo, e Dennis Eckert, dianteiro centro, asinan por dúas tempadas con opción a outras dúas. Con estas dúas prometedoras incorporacións, o Celta B continúa definindo e fortalecendo o seu proxecto deportivo para a nova tempada.

 

Víctor Pastrana

Pastrana (Guadalaxara, España, 1996) é un extremo moi habilidoso que se desenvolve polas dúas bandas e que destaca pola súa velocidade e desborde. O manchego chega procedente do Alcorcón, equipo co que debutou en Segunda División na 2015/16 chegando a disputar 34 partidos na categoría de prata. A tempada pasada xogou cedido na SD Ponferradina da Segunda División B. Pastrana foi internacional coa Selección Española Sub-19.

 

Dennis Eckert

Dennis Yerai Eckert (Bonn, Alemaña, 1997) é un dianteiro centro que chega a Vigo tras destacar na canteira do Monchengladbach. O atacante chegou ao conxunto alemán en idade xuvenil e durante esta etapa logrou un rexistro de 70 goles en 87 partidos. A última tempada xogou co equipo filial na Regionalliga West, equivalente á Terceira División española. O futbolista alemán é de nai galega, domina o idioma e coñece Galicia, polo que a súa adaptación prevese rápida. Foi internacional coa Selección Alemá Sub-19.

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas