Visita á Sede e renovación da escola de tecnificación da Fundación Celta en Pabellón Ourense

Esta mañá tivo lugar na Sede do RC Celta a renovación da escola de tecnificación que a Fundación Celta ten en colaboración co Pabellón Ourense. Acudiron á renovación D. Juan López presidente e D. Manuel Dopazo, secretario do Pabellón Ourense onde foron recibidos polo presidente D. Carlos Mouriño.