Visita sorpresa de Iago Aspas nun Campo de Baltar ateigado

A bancada do Campo de Baltar, en Portonovo, ateigouse este mércores con 1.500 celtistas que non se quixeron perder o adestramento a porta aberta do primeiro equipo. O ambiente de celtismo e ilusión chegou á súa máxima intensidade coa aparición inesperada de Iago Aspas. O dianteiro celeste, aínda de vacacións tras a súa participación no Mundial, visitou aos seus compañeiros e atopouse por primeira vez co novo técnico Antonio Mohamed.