Wass cumpriu 100 partidos co Celta

Daniel Wass xa é centenario. O centrocampista celeste disputou ante o Alavés o seu partido cen coa camiseta do RC Celta, unha cifra alcanzada dous anos e tres mes despois da súa chegada a Vigo.

O danés acumula co Celta 71 partidos en Primeira División, 15 en Copa do Rei e 14 en Europa League nos que marcou dez goles e realizado unha ducia de asistencias.