Wass cumpriu cen partidos de Liga co Celta

Daniel Wass alcanzou en Villarreal o centenar de partidos de LaLiga co RC Celta. O internacional danés dará ‘caza’ en breve ao seu compatriota Krohn-Dehli, que entre 2012 e 2015 disputou 103 choques en Primeira División coa camiseta celeste.

Wass chegou a Vigo no verán de 2015. Desde entón disputou un total de 133 partidos co RC Celta (100 Liga, 19 Copa, 14 Europa League), converténdose no futbolista danés con máis encontros disputados na historia do club olívico.