Wass, Mallo e Mor deleitan ao celtismo en El Corte Inglés







O departamento de deportes do Corte Inglés de Vigo alagouse de ilusión e moito celtismo na tarde deste mércores con motivo da visita dos xogadores celestes Daniel Wass, Hugo Mallo e Emre Mor. O trío de futbolistas célticos atendeu a todos os afeccionados que acudiron a coñecerlles en persoa e conseguir os seus autógrafos.

O ambiente entre xogadores e seguidores celtistas foi próximo e natural neste novo encontro organizado polos grandes almacéns e o RC Celta, un tipo de iniciativas que levan desenvolvéndose con gran éxito desde hai moitas tempadas e co que o club e os seus patrocinadores buscan achegar o equipo aos afeccionados.