Xa á venda a lotería de Nadal da Fundación Celta 2018

A Fundación Celta puxo xa á venda a súa tradicional lotería de Nadal. Como é habitual, cada boleto outorgará dereito a participar de dous números para o sorteo da Lotería Nacional que se celebrará o día 22 de decembro, neste caso o 80.165 e o 70.101.

Os boletos poderán ser adquiridos:

– Na oficina de abonados.

– Na tenda oficial do RC Celta en ABANCA Balaídos.

– Na tenda oficial do RC Celta en A Sede

Con cada participación o comprador estará ademais colaborando co labor social e deportivo que desempeña a Fundación Celta.

Leave a Reply

20 + 17 =