Xa á venda as entradas para a primeira xornada de Liga ante a Real SociedadXa

18622143_10154464378196969_837292368874909481_n.jpg

 

LaLiga regresa este sábado 19 de agosto ás 18:15 horas coa disputa da primeira xornada entre RC Celta e Real Sociedad. Balaídos acollerá este atractivo choque ante o cadro donostiarra para o que xa se puxeron as entradas á venda nos despachos de billetes do estadio vigués.

 

Os prezos oscilan entre os 20 e 50 euros en categoría ADULTO e entre 15 e 30 en categoría SUB-25, mentres que os abonados con carné en vigor poderán acceder presentándoo no acceso. Tanto a bancada de Río Alto como a de Río Baixo estarán operativas neste encontro.

 

Os despachos de billetes de Balaídos abren esta semana o luns, xoves e venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e o sábado, día de partido, desde as 10 ata as 18:15 horas de maneira ininterrompida. O martes e mércores permanecerán pechadas por ser días festivos. A venda en liña activarase proximamente en www.rccelta.es

 

PRECIOS_CELTA_RSO_2017.jpg

Leave a Reply

twelve + three =