Xa á venda as entradas para o partido de Liga contra o Barcelona

As entradas para un dos partidos máis estimulantes da tempada xa están á venda. O RC Celta enfróntase o mércores 18 de abril (día e hora pendentes de confirmación) ao FC Barcelona, líder do campionato ligueiro. Os prezos para este encontro oscilan entre os 40€ e os 70€ en categoría Sub-25 e entre 60€ e 100€. Será ademais ‘Día do Club’, polo que os abonados que tramitaron o seu carné fose do período de promoción deberán retirar un suplemento por 20€ (Adulto), 5€ (menores de 8 anos) ou 10€ (resto de categorías).

As entradas poden adquirirse de luns a venres nos despachos de billetes de Balaídos, abertas de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 ou en calquera momento en www.rccelta.es/taquillaCelta (só Adulto).

ACTUALIZACIÓN: LaLiga confirmou que o partido xogarase o martes 17 de abril ás 21:00.