entradas-atletico-corregido.jpg
Celtismo

Xa á venda as entradas para o RC Celta-Atlético de Madrid

RC Celta

A HORA DE INICIO DO PARTIDO CAMBIOU ÁS 18:30

Xa están á venda, tanto nas billeteiras do estadio como online, as entradas para o partido do próximo sábado ante o Atlético de Madrid en Balaídos. O prezo das entradas oscila entre os 20 e os 90 euros para un encontro incluido entre os declarados como Día do Club, polo que os abonados que tramitaron o seu carné despois do 20 de xullo deberán retirar un suplemento (20 euros para categoría adulto, 5 para os menores de 8 anos e 10 euros para o resto). Ao ser Día do Club non se emitirán invitacións para os carnés Miudiño.

O horario das billeteiras do estadio de ABANCA Balaídos é de luns a venres de 09:00 a 15:00 horas e o sábado desde as 10:00 horas ata o comezo do encontro. As entradas están tamén á venda online na páxina web oficial e no enlace: tickets.rccelta.es

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas