Xa á venda as entradas para #ONosoDerbi

Xa están á venda as entradas para un dos partidos máis emotivos e estimulantes da tempada, ‘o noso derbi’. O RC Celta enfrontarase o sábado 5 de maio 18.30 horas ao Deportivo da Coruña, un encontro sempre especial e atractivo. Os prezos para este partido oscilan entre os 20€ e os 40€ en categoría Sub-25 e entre 40€ e 90€ para adulto. Será ademais ‘Día do Club’, polo que os abonados que tramitaron o seu carné fose do período de promoción deberán retirar un suplemento por 20€ (Adulto), 5€ (menores de 8 anos) ou 10€ (resto de categorías).

As entradas poden adquirirse de luns a venres nos despachos de billetes de Balaídos, abertas de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 ou en calquera momento en www.rccelta.es/taquillaCelta (só Adulto).