WEB.jpg
Fundación

Xa podes inscribirche nas Escolas de fútbol da Fundación Celta 2019 – 2020

RC Celta

Xa está aberta a inscrición das Escolas de Fútbol da Fundación Celta da tempada 2019 – 2020.

O curso da nova tempada dará comezo o 16 de setembro.

As Escolas de Fútbol da Fundación Celta iniciarán a súa actividade no mes de setembro (aínda que a matrícula estará aberta todo o ano) en dúas sedes:

  • Instalacións da Cidade deportiva da Madroa. Luns, martes, mércores e/ou xoves, en horario de 17:45 h a 18:45 h.
  • Campo Federativo de Coia. Martes e/ou Xoves, en horario de 18:00 h a 19:15 h.

Con 23 anos de experiencia na formación de futbolistas, as escolas de fútbol están destinadas a mellorar as capacidades técnicas e condicionais de mozos e mozas de entre 4 e 16 anos.

Este ambicioso proxecto pretende ser un referente na formación de futbolistas e foi deseñado para ofrecer un curso do máis alto nivel adaptado ás diferentes necesidades dos novos futbolistas, e é impartido polos mellores preparadores da canteira do Real Club Celta.

Novidades para o novo curso 19-20

  • Creación de diferentes tipos de Escolas de Fútbol:
    • Escola de iniciación (4-5 anos)
    • Escola de aprendizaxe (6-16 anos e NON federado)
    • Escola de tecnificación (6-16 anos e SÍ federado)
    • Escola de porteiros (4-16 anos)
  • Participación en competición amigable unha fin de semana ao mes.
  • Desenvolvemento dun programa de educación integral e en valores paralelo á formación futbolística: programa DOC.
  • Maior participación de pais a través de diferentes accións.
  • Descontos para xogadores/ as de clubs convidos, alumnos/ as de colexios colaboradores coa Fundación Celta, segundos irmáns, abonados do RC Celta e membros da Fundación Celta
  • Agasallo de benvida dunha bufanda oficial do RC Celta para todos os rexistrados antes do 15 de setembro.

 

Obtén información detallada e consulta condicións e mais vantaxes aquí.

PREZOS, MATRÍCULA E MENSUALIDADES:

CIDADE DEPORTIVA DE A MADROA (luns, martes, mércores e/ou xoves)

  1. Matrícula: 60 euros, con equipamento incluído
  2. Matrícula: 25 euros, sen equipamento incluído (só para xogadores FEDERADOS noutros clubs)

1 día por semana; 30 euros ao mes

2 días por semana; 45 euros ao mes

3 días por semana; 55 euros ao mes

4 días por semana; 60 euros ao mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, calcetíns, sudadera, chubasquero e mochila.

CAMPO FEDERATIVO DE COIA (martes e/ou xoves)

  1. Matrícula: 60 euros, con equipamento incluído
  2. Matrícula: 25 euros, sin equipación incluida (sólo para juegadores FEDERADOS en otros clubs)

1 día por semana; 30 euros ao mes

2 días por semana; 45 euros ao mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, calcetíns, sudadera, chubasquero e mochila.

Inscripción sede Cidade Deportiva de A Madroa

Inscripción sede Campo Federativo de Coia

 

RESTO DE SEDES

CAMBADOS CAMPO DE FÚTBOL O POMBAL (CAMBADOS) COMEZO 2 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
 DODRO CAMPO MUNICIPAL DE CHENLO (DODRO) COMEZO 30 DE SETEMBRO INFO  INSCRÍBETE AQUÍ
 O GROVE CAMPO DE FÚTBOL MONTE DA VILA (O GROVE) COMEZO 30 DE SETEMBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
VELLE CAMPO DE FÚTBOL MONTE DA AIRA (OURENSE) COMEZO 2 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
CARNOTA CAMPO MUNICIPAL DE LOMBÁNS (CARNOTA) COMEZO 16 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas