Xa podes inscribirte nas escolas de tecnificación para a tempada 2018 – 2019


Xa está aberta a inscrición das escolas de tecnificación da Fundación Celta da tempada 2018 – 2019. O curso da nova tempada dará comezo o 17 de setembro. Con 20 anos de experiencia na formación de futbolistas, as escolas de tencificación están destinadas a mellorar as capacidades técnicas e condicionais de mozos e mozas de entre 4 e 16 anos.

Este ambicioso proxecto pretende ser un referente na formación de futbolistas e foi deseñado para ofrecer un curso do máis alto nivel. impartido polos mellores preparadores da Canteira do Real Club Celta.

As Escolas de tecnificación da Fundación Celta de Vigo iniciarán a súa actividade no mes de setembro (aínda que a matrícula estará aberta todo o ano) en horario de 17:45 h a 18:45 h nas instalacións da Cidade deportiva da Madroa. Ao longo do curso, desenvolveranse diversos contidos, focalizando trimestralmente nos aspectos necesarios na formación  do futbolista, incidindo na área da TÉCNICA:

 

PASE/FINALIZACIÓN- CANEO/CONDUCIÓN- CONTROL/HABILIDADE- TÉCNICA DF.

A estes contidos técnicos sumarémoslle as nosas 4 pautas craves para o seu enriquecemento:

Grupos reducidos Monitores de CCII do Real Club Celta

Mesmo sistema de aprendizaxe que no fútbol basee do Real Club Celta ( SICO )

Ademais de adestramento individualizado de porteiros

Prazas limitadas por orde de inscrición.

Como antes comentabamos a escola contará con grupos reducidos co obxectivo de mellorar os aspectos individuais de cada participante e a mellora individual a partir da metodoloxía baseada na repetición do xesto técnico que contará coa supervisión dos técnicos e preparadores da canteira celeste que aplicarán en todo momento a súa exitosa e recoñecida metodoloxía. As tarefas e actividades son comúns ás desenvolvidas polos equipos e xogadores de cáteas­ gorías inferiores do Real Club Celta.

Servizo individualizado e seguimento das categorías inferiores do Real Club Celta, con notas trimestrais e eventos especiais como visitas de xogadores do primeiro equipo, agasallos, sorteos, etc.

Prezos, matrícula e mensualidades:

CIDADE DEPORTIVA DE A MADROA

Xogadores federados (sen equipamento)

Matrícula: 25 euros

1 día por semana, 30 euros ao mes

2 días por semana, 45 euros ao mes

3 dias por semana, 55 euros ao mes

Xogadores non federados (con equipamento*)

Matrícula: 60 euros

1 día por semana, 30 euros ao mes

2 días por semana, 45 euros ao mes

3 dias por semana, 55 euros ao mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, medias, sudadera/ chubasqueiro, mochila.

CAMPO FEDERATIVO DE COIA

Xogadores federados (sen equipamento)

Matrícula: 25 euros

1 día por semana, 30 euros ao mes

 

Xogadores non federados (con equipamento*)

Matrícula: 60 euros

1 día por semana, 30 euros ao mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, medias, sudadera/ chubasqueiro, mochila.

ESCOLA DE TECNIFICACIÓN EN MUROS

ESCOLA DE TECNIFICACIÓN EN CAMBADOS

 

Inscripción sede Cidade Deportiva de A Madroa

Inscripción sede Campo Federativo de Coia

Inscripción sede Muros

Inscripción sede Cambados