Xa podes mercar as túas entradas para os próximos catro partidos en Balaídos

As entradas de ata catro partidos do RC Celta en Balaídos están xa á venda tanto nos despachos de billetes do estadio vigués como na web www.rccelta.es/taquillaCelta. Trátanse dos encontros de LaLiga ante o CD Leganés (venres 24 de novembro, 21:00), Villarreal CF (domingo 17 de decembro, 16:15) e Real Madrid (primeiro fin de semana de xaneiro, sen confirmar); ademais do partido de volta de dezaseisavos de Copa do Rei ante a SD Eibar (28 de novembro, sen confirmar).

O club estableceu uns prezos moi atractivos, especialmente para o encontro de Copa ante o conxunto vasco. Con entradas desde 5€ e 10€, este decisivo partido preséntase como unha ocasión extraordinaria para que calquera afeccionado do RC Celta acuda ao estadio. Tamén resultan moi interesantes os prezos dos billetes para os choques ligueiros fronte a Leganés e Villarreal, que oscilan entre os 20€ e 50€ en categoría ADULTO e entre 10€ e 30€ en SUB-25. Ante o Real Madrid as entradas máis económicas teñen un prezo de 70€ e 50€ respectivamente, un partido para o que os abonados que xestionaron o seu carné fóra de prazo promocional deberán adquirir un suplemento.

Os despachos de billetes e a oficina de abonados do RC Celta en Balaídos permanecen abertas habitualmente en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.