Xantar de confraternización da Fundación Celta coa expedición da prestixiosa Raha International School

O pasado venres 1 de setembro tivo lugar un xantar de confraternización da Fundación Celta coa expedición da prestixiosa Raha International School.

Os mozos xogadores de Raha International School, que tiveron a ocasión de enfrenarse a distintos equipos da canteira celeste e da comarca viguesa, asistir a distintas charlas formativas e a diversos partidos, así como a visitar enclaves da cidade, gozaron con adestradores, pais e persoal da Fundación do xantar no que obsequiaron á institución cunha espectacular alfombra enmarcada cos valores da Canteira -afouteza, corazón, orgullo, tradición- inscritos ao redor da mesma en agradecemento pola hospitalidade recibida.

A visita concluirá o próximo seis de setembro.