celta-integra-convivencia.jpg
Fundación

Xornada de convivencia na Madroa con Fundación Celta Integra

RC Celta

Este xoves 25 de outubro, ao redor de 60 alumnos do Colexio Compañía María asistiron ás instalacións deportivas da Madroa co obxectivo de coñecer a experiencia Celta Integra.

A actividade comezou cunha charla impartida por Alex Abalde -corpo técnico-, na que de maneira cronolóxica presentou ao equipo Fundación Celta Integra, explicou e desenvolveu a actividade que realiza o equipo desde o primeiro adestramento, fai xa catro anos, ata a actualidade.

A convivencia culminou cunha sesión de adestramento entre os alumnos e os membros do vixente campión de LaLiga Genuine nunha gran experiencia tanto para os alumnos do Colexio Compañía María como para os xogadores da Fundación Celta Integra, nunha actividade que dificilmente poderán esquecer.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas