Ye Zimin, do proxecto Wanda-Fundación Celta, presente coa Sub-16 china

Ye Zimin, un dos dezaseis xogadores chineses do proxecto Wanda-Fundación Celta e que adestra co Cadete A en A Madroa, pasou o último mes concentrado coa selección Sub-16 do seu país.

Ademais do stage de concentración, o futbolista puido participar nun torneo amigable FIFA U16, onde tivo minutos nos tres partidos que disputou a súa selección chegando a anotar dous goles.