Yelko Pino, titular coa Sub-18 na final da ‘Copa del Atlántico’

yelko_copa_atlantico_6214.jpg

O canteirán celeste pecha a súa participación no torneo internacional cun gol na súa conta particular

 

O canteirán Yelko Pino formou parte do once titular da selección española Sub-18 na final da ‘Copa do Atlántico’, na que o combinado español mediuse a Arxentina. O partido finalizou con empate a uns e, aínda que España finalizou o torneo invicta, a albiceleste proclamouse campioa grazas ao seu mellor coeficiente goleador.

 

O centrocampista vigués asinou unha boa actuación no XL Torneo Internacional Copa do Atlántico, cun gol na súa conta particular. Do mesmo xeito que Yelko, outros canteiráns celestes destacaron en anteriores edicións deste campionato, como Santi Mina e Jonny Castro, actualmente xogadores do primeiro equipo.

 

A continua e crecente presenza de canteiráns celestes nas distintas categorías inferiores da selección nacional referenda a firme aposta do Celta por fútbol base, un proxecto que conta co respaldo dunha afección celeste envorcada no apoio á canteira.

 

FICHA TÉCNICA

  

1-ESPAÑA: Carlos Morales; Julio Pleguezuelo, Xavier Quintilla, Jurgui Oteo, Rodrigo Tarín, Madger Antonio Gómez; José Ángel Pozo, Asier Villalibre, Yelko Pino, Francisco José Sánchez “Curro” e Jorge Mere.

 

Trocos: No minuto 62 Roberto saiu por Jurgui, no 67 Vilariño por Madger e no 75 Marín por Quintila e Abeledo por Yelko Pino.

 

1-ARGENTINA: José Devecchi, Thiago Casasola, Enrique Sánchez, Nicolás Tripichio, Juan Cruz Kaprof, Pablo Carreras, Rodrigo Contreras, Tomás Martínez, Lucas Bareiro, Germán Ferreyra e Luis Compagnucci.

 

GOLES: 1-0 Min.30: Curro; 1-1, min.61: Matías Sánchez

 

ÁRBITRO: Alejandro Alemán

 

CAMPO: Estadio Alfonso Silva

Leave a Reply

five × two =