PROXECTO CELTA

Futuro,
arraigamento
e estabilidade.

Imagen del escudo del Real Club Celta de Vigo

Logo dunha década de duro traballo e sacrificio que iniciamos evitando a desaparición do Celta, entre todos conseguimos consolidar un gran club de fútbol nunha das ligas máis competitivas do mundo.

O Celta é hoxe unha realidade en 1ª División e unha proposta seria en Europa. Á vez, fortalecemos o noso compromiso coa Cidade, apostando pola Canteira na formación e o desenvolvemento das novas xeracións, e creando, desde a Fundación, proxectos integradores cos distintos colectivos sociais de Vigo.

Nesta contorna, queremos responder as dúbidas e inquietudes que se puideron xerar entre o Celtismo e os vigueses sobre o Proxecto Celta, a súa estabilidade, arraigamento coa Cidade e desenvolvemento futuro.

VENDEUSE O CLUB?

NON. O Celta non está vendido e non iniciou ningunha operación de venda. Recibíronse ofertas pero ningunha desde Vigo ou Galicia. Este Proxecto pertence a Vigo e o seu futuro debe estar sempre vinculado á Cidade.


POR QUE O CELTA
QUERE RECUPERAR BALAÍDOS?

Para dotar de estabilidade ao Proxecto, reforzar o seu arraigamento coa Cidade e consolidar o futuro do Club.

Porque en poucos anos o Celta non poderá competir en ingresos co resto de clubs da Primeira e por tanto afrontará a competición en clara inferioridade de condicións.

Porque se o Celta recupera Balaídos reforzarase o seu sólido arraigamento coa cidade, un vínculo inquebrantable. O Celta nunca sairá de Vigo!

Porque o futuro esíxenos desenvolver novas actividades no estadio máis aló do seu uso deportivo como equipo local. O Celta xoga en Balaídos pero non dispón de Balaídos, non se lle permite desenvolver ningunha outra actividade.

E porque Balaídos é o espazo común, o espazo de todos. O fogar das emocións, os valores e a ilusión do Celtismo e de todos os cidadáns de Vigo.


SE O CELTA RECUPERA BALAÍDOS,
PODERÁ ESPECULAR CO ESTADIO?

NUNCA. O Club ofrecerá todas as garantías necesarias para que Balaídos nunca deixe de ser un estadio de fútbol, coa renuncia expresa a unha posible recualificación.

Coa recuperación do estadio e o compromiso de nunca modificar o seu uso, o arraigamento do Celta con Vigo será definitivo e a estabilidade e o futuro do Club estarán garantidos.

Ademáis, o presidente poñerá as súas accións como garantía do préstamo necesario para recuperar o estadio, polo que será imposible a venda do Club.


CAL É O PLAN DE FUTURO DO CELTA?

SER UN CLUB, NON SÓ UN EQUIPO. Unha Institución fundamental na vida de Vigo.

Un Club con patrimonio propio que lle permita xerar ingresos que garantan a viabilidade do Proxecto.

Un Club coas mellores instalacións, unha cidade deportiva e un estadio propio, que lle permitan reforzar e potenciar a súa aposta pola Canteira, consolidando o futuro do Celta.

escudo del Real Club Celta de Vigo