Brasov

A Escola Celta Brasov inicia a súa actividade

RC Celta

[tabs tab1=»GALEGO» tab2=»CASTELLANO»][tab title=»GALEGO»]

A Escola Celta Brasov, nada ao amparo dun importante convenio asinado entre o Celta, o CS Coltea 1920 Brasov e o concello da cidade romanesa, arrincou oficialmente a súa actividade esta semana. A academia celeste estará coordinada por Héctor Quijeiro, profesional de sobrada experiencia que dirixiu o proxecto do Celta en Campeche e que agora será o encargado de xestionar a actividade da escola de Brasov: «Estou moi contento de estar aquí e poder achegar o meu coñecemento no desenvolvemento deste proxecto. Estou desexando comezar a traballar e contribuír ao desenvolvemento do fútbol en Brasov e conseguir levalo a un nivel superior», declarou Héctor Quijeiro.

Ademais da escola e a través deste importante convenio, a Fundación Celta de Vigo, responsable do desenvolvemento e mantemento da canteira do club, comprométese a ofrecer cursos de formación a adestradores locais tanto en Romanía como en Vigo, así como crear polo menos 5 bolsas ao ano para que os novos futbolistas romaneses que destaquen teñan a oportunidade de viaxar a Vigo durante tres semanas e adestrar nas instalacións deportivas da Madroa. O acordo tamén inclúe un protocolo de cooperación co concello de Brasov, que será o encargado de proporcionar os medios e os recursos necesarios para o mantemento, desenvolvemento e promoción da Escola Celta Brasov.

[/tab][tab title=»CASTELLANO»]

La Escuela Celta Brasov, nacida al amparo de un importante convenio firmado entre el Celta, el CS Coltea 1920 Brasov y el ayuntamiento de la ciudad rumana, arrancó oficialmente su actividad esta semana. La academia celeste estará coordinada por Héctor Quijeiro, profesional de sobrada experiencia que dirigió el proyecto del Celta en Campeche y que ahora será el encargado de gestionar la actividad de la escuela de Brasov: «Estoy muy contento de estar aquí y poder aportar mi conocimiento en el desarrollo de este proyecto. Estoy deseando comenzar a trabajar y contribuir al desarrollo del fútbol en Brasov y conseguir llevarlo a un nivel superior», declaró Héctor Quijeiro.

Además de la escuela y a través de este importante convenio, la Fundación Celta de Vigo, responsable del desarrollo y mantenimiento de la cantera del club, se compromete a ofrecer cursos de formación a entrenadores locales tanto en Rumanía como en Vigo, así como crear al menos 5 becas al año para que los jóvenes futbolistas rumanos que destaquen tengan la oportunidad de viajar a Vigo durante tres semanas y entrenar en las instalaciones deportivas de A Madroa. El acuerdo también incluye un protocolo de cooperación con el ayuntamiento de Brasov, que será el encargado de proporcionar los medios y los recursos necesarios para el mantenimiento, desarrollo y promoción de la Escuela Celta Brasov.

[/tab][/tabs]

RC Celta

Etiquetas

Brasov Brasov Brasov

Noticias recomendadas