FCV-Campus-Stelae21.jpg
Noticias destacadas

A Fundación Celta asina un convenio co Instituto Europeo Campus Stellae

RC Celta

A Fundación Celta asinou no día de hoxe un convenio de colaboración co Instituto Europeo Campus Stellae para a realización de prácticas académicas, co fin de xerar sinerxías na formación e o desenvolvemento de profesionais de diversos ámbitos que van dende a xestión técnica deportiva, ata o protocolo e a organización de eventos.

Neste sentido, ambas as dúas institucións perseguen o mesmo obxectivo: contribuír ao desenvolvemento de profesionais do máximo nivel a través da realización de prácticas extracurriculares nos diferentes departamentos da Fundación Celta de Vigo. No acordo reafírmase a convicción de que as prácticas constitúen unha actividade de natureza formativa de grande importancia para os alumnos colaborando e favorecendo a adquisición de competencias que os prepare para o exercicio de actividades profesionais, facilite a súa empregabilidade e fomente a súa capacidade de emprendemiento.

FCV - Campus Stelae2

Á firma asistiron a Directora do Instituto Campus Stellae Nuria Pereira Martínez e o Director Xeral da Fundación Celta de Vigo, Serafín Alonso Barbosa.

RC Celta

Etiquetas

Noticias destacadas Noticias destacadas Noticias destacadas

Noticias recomendadas