Hemeroteca canteira

Dobre vitoria celeste ante a canteira do Porto

RC Celta

alevina-1415.jpg

O Alevín A e o Cadete B superaron onte na Madroa aos equipos Sub-12 e Sub-15 do club luso

 

As canteiras do RC Celta e o FC Porto atopáronse onte na Madroa para disputar dous partidos amigables. O Alevín A e o Cadete B celestes enfrontáronse respectivamente ás categorías Sub-12 e Sub-15 do club portugués, encontros que se resolveron en ambos os casos con vitorias dos canteiráns célticos.

 

O Alevín A cultivou unha avultada vitoria 7-3 grazas ao triplete de David e os tantos de Miguel, Damián, Meixus e Hugo Álvarez; mentres que o Cadete B derrotou 3-1 ao seu equivalente dos dragões con tantos de Pampín, Martín e Lucas.

 

Esta é a segunda ocasión na que as canteiras de ambos os clubs organizan amigables formativos entre equipos das súas categorías inferiores, iniciativas froito da boa relación existente entre o RC Celta e o FC Porto e que son un aliciente para as novas promesas das dúas institucións.

 

cadeteb-1415.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas