Hemeroteca canteira

Fútbol Draft: 5 xogadores celestes superan o primeiro corte

RC Celta

fd15.jpg

Rubén, Jonny, Costas, Mina e Pape continúan nominados aos premios da canteira española

 

Os xogadores do primeiro equipo Rubén, Jonny, David Costas e Santi Mina e o xuvenil Pape Cheikh superaron o primeiro corte do Fútbol Draft 2015, premios da canteira española que contan co recoñecemento dos estamentos oficiais do fútbol nacional. Desta forma, o Celta mantén unha importante presenza nesta edición dos galardóns, do mesmo xeito que nas últimas campañas. A tempada pasada o porteiro Rubén Blanco foi incluído no ‘Once de Bronce’, o dianteiro Santi Mina no ‘Once de Prata’ e os defensas Jonny e David Costas no ‘Once de Ouro’. Ademais, o Real Club Celta recibiu o ‘Premio Especial de Apoio á Canteira’ có que se recoñeceu o traballo do club vigués para potenciar e desenvolver o fútbol base.

 

A lista de novos valores do Fútbol Draft 2015 reduciuse tras este corte de 132 a 77 futbolistas, unha selección realizada por un Comité Técnico formado por referentes do fútbol base como o ex seleccionador nacional Iñaki Sáez, o coordinador das categorías inferiores da selección española Ginés Meléndez ou o adestrador da selección española Sub-21 e ex xogador do RC Celta Albert Celades.

 

A canteira celeste continúa mostrando a súa fortaleza e sumando recoñecementos. O RC Celta e a súa Fundación traballan co convencemento de que o proxecto de fútbol base céltico traerá cada vez máis e mellores froitos, algo posible grazas ao decisivo apoio do celtismo que, desde o primeiro momento, apoiou enteiramente a aposta do club vigués pola canteira.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas