Actividades

Oubiña e Cantero inspiran a futuros deportistas profesionais

RC Celta

Cristina Cantero e Borja Oubiña explicaron hoxe ás rapazas e rapaces do Instituto de Tomiño as posibilidades e dificultades de dedicarse profesionalmente ao mundo do deporte. A conferencia e coloquio celebrouse en colaboración coa Fundación Celta no auditorio do instituto, onde asistiron uns 100 mozos e mozas de primeiro e cuarto da ESO (12 a 16 anos).

O ciclo de conferencias Que queres ser de maior? ofrece sempre a visión feminina e a masculina dunha mesma profesión, para obter a panorámica completa de orientación profesional para os alumnos.
O Concello de Tomiño impulsa o programa Educación da boa, que inclúe un proceso popular de propostas e votación para escoller nome para o instituto e unha mellora da comunicación entre alumnos, profesores e pais que conforman a comunidade escolar.

Cristina Cantero é adestradora do Celta de Baloncesto Feminino e ex xogadora
profesional.

RC Celta

Etiquetas

Actividades Actividades Actividades Obra social Obra social Obra social

Noticias recomendadas