pobra_caraminal_eurorrexion_celeste_fundacion_celta.jpg
Celtismo

A ‘Bancada Cabreiroá’ volve ante o Villarreal

RC Celta

Cabreiroá, a auga oficial dos principais equipos galegos, celebrará no partido que enfrontará ao RC Celta contra o Villarreal, este próximo domingo 17 de decembro, unha nova experiencia ‘Bancada Cabreiroá’.

Para iso, a marca de auga galega contará cun espazo privilexiado en Balaídos que permitirá aos máis pequenos vivir o encontro acompañados polas súas familias dunha maneira moi especial.

Ademais, grazas a ‘Bancada Cabreiroá’, os nenos poderán visitar os vestiarios, pisar o céspede, gozar dun encontro cos xogadores, recibir obsequios oficiais do Club e, o máis importante, vivir ese momento de asistir ao pavillón do seu equipo en familia, un recordo indeleble.

Cabreiroá segue apostando, así, pola súa vinculación cos principais equipos galegos e a súa proximidade cos consumidores máis pequenos con esta nova iniciativa que está a permitir ás familias galegas vivir unha experiencia deportiva única.

Outros dos partidos que os afeccionados máis pequenos do Celta poderán vivir con especial emoción grazas a Cabreiroá serán os que enfrontarán en Balaídos ao equipo celeste contra o Real Madrid ou o Barcelona, entre outros.

En total, máis de 400 nenos galegos poderán gozar desta exclusiva experiencia co Real Club Deportivo, o RC Celta, o CD Lugo e o Obradoiro, mediante unha mecánica promocional nos principais centros de alimentación de Galicia e tras a súa participación en www.bancadacabreiroa.es.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas