Primeiro Equipo

A canteira celeste reluce en Gales

RC Celta

Até tres xogadores formados na Madroa -Iago Aspas (RC Celta), Jonny (Wolverhampton) e Rodrigo (Valencia)- coincidiron sobre o céspede do Millenium Stadium de Cardiff coa camiseta da Selección Española, todo un fito que pon en relevo o poderío da canteira celeste e o gran traballo realizado polo RC Celta e a súa Fundación na súa aposta polo fútbol base.

O combinado español goleou á Selección de Gales (1-4) nun duelo no que o céltico Iago Aspas participou desde o minuto 71. Foi no tramo final do encontro cando o tres canteiráns celestes coincidiron. Jonny e Aspas mesmo estiveron a piques de asinar un gol ‘made in A Madroa’ que seguro chegará nun futuro próximo.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas