Hemeroteca canteira

A canteira suma un novo internacional: a Sub-16 chama a Dacosta

RC Celta

raduldacosta.JPG

 

A RFEF convocou ao canteirán celeste Raúl Dacosta (Ourense, 2002), dianteiro do Cadete B, para participar nos adestramentos que a Selección Española Sub-16 realizará do 3 ao 5 de abril na Cidade Deportiva de Las Rozas. Raúl é fillo dun referente do fútbol ourensán, José Ramón Dacosta, xogador do Celta B nos anos noventa e que chegou a debutar co primeiro equipo.

 

A canteira do Real Club Celta suma unha nova internacionalidade coa que se reafirma a confianza dos seleccionadores nacionais nos xogadores formados na Madroa. O club e a Fundación Celta continúan traballando nun proxecto de fútbol basee que ano tras ano crece e fortalécese.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas