Hemeroteca club

A firma galega Luckia lucirá na parte traseira da camiseta do RC Celta

RC Celta

luckia300916.jpg

 

O RC Celta e Luckia selaron hoxe un importante acordo de patrocinio, dun ano renovable, que posibilitará que a firma galega luza na parte traseira das camisetas do primeiro equipo celeste. Este acordo supón o punto de encontro no camiño emprendido por ambas as entidades para promover os valores que achega o deporte á sociedade.

 

Para o Celta é ademais especialmente gratificante alcanzar un acordo desta magnitude cunha firma galega, que permite que nos equipamentos de todos os equipos do club figuren empresas orixinarias da comunidade autónoma. Luckia dá tamén un xigantesco paso na súa crecente aposta polo deporte galego.

 

Á presentación do acordo asistiron a conselleira celeste Carmen Avendaño, o vicepresidente de Luckia Alfredo González, o director comercial do club Camilo Lobato e o responsable do negocio online da firma galega Chema Jaray.

 

Tras agradecer a colaboración de Luckia co club, Carmen Avendaño destacou que “hai connotacións que nos unen a esta empresa e ao club: os valores, a solidariedade, a formación á xente nova. Alégranos poder asinar este acordo cunha empresa cento por cento galega e esperemos que este acordo de colaboración póidase ampliar”.

 

Alfredo Gonzalez lembrou que “sempre estivemos moi comprometidos co fútbol e o deporte galego en xeral” e subliñou que “Luckia ten presenza en todas as comunidades autónomas de España, ademais de en Colombia, Perú, Chile e países do leste como Croacia”.

 

“Desde Luckia cremos que as apostas deportivas achegan máis emoción, se cabe, aos eventos ou competicións e comparten co deporte en xeral os valores de lecer, entretemento e a súa dimensión social”.

 

Luckia Gaming Group é unha empresa de orixe galega que na actualidade dá emprego a máis de 2.600 persoas e que conta con máis de 40 anos de experiencia no sector do xogo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas